O Taller Alecrín imparte en Noia novos obradoiros de baile (até xuño)

24 Outubro 2025

A concellería de Cultura do Concello de Noia, en colaboración co Taller Alecrín, pon en marcha dous novos obradoiros regulares de baile para persoas adultas que se desenvolverán no Local de Ensaios Prudencio Romo dende novembro de 2025 ata xuño de 2026, dentro do programa Tempada 25-26. Compromiso co Baile. Haberá sesións de linedance (individual), os luns de 20:30 a 21:30; e de baile social (en parella) os luns de 21:30 a 22:30.

O luns 27 de outubro celebrarase unha xornada de portas abertas, cos mesmos horarios, con clases de presentación gratuítas.

Para participar é necesario inscribirse previamente como socio/a na Asociación (cota anual de 25 €) e aboar unha cota mensual de 27 € por obradoiro ou 37 € por ambos.

Información e inscricións: 698 150 432 e tamén na conta de correo talleralecrin@gmail.com

A sesións desenvolveranse no Local de Ensaios Prudencio Romo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.