O PSdEG di que o servizo de transporte escolar adaptado da Xunta obriga ao alumnado con discapacidade a saír antes de tempo das clases

10 Outubro 2025

O PSdeG-PSOE mostrouse este venres 10 de outubro moi crítico co servizo de transporte escolar adaptado da Xunta de Galicia, un servizo que, sinalaron, “está a obrigar que alumnos e alumnas con diversidade funcional abandonen as clases antes de tempo para poder facer uso do mesmo”. 

O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza fíxose eco do caso dun alumno do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia que ten recoñecida unha discapacidade do 100% e que, segundo reflectiu, “vese obrigado a abandonar a súa clase 30 minutos antes da hora oficial”. 

Bouza cualificou a situación de “novo ataque aos dereitos fundamentais” por parte da Consellería de Educación, e indica que é “culpa da neglixente xestión que fai a Xunta de Galicia” do servizo de transporte escolar.  “Ante isto, dende o Partido Socialista non imos ficar impasíbeis, imos exixir de inmediato, a través dunha batería de iniciativas que presentamos no Parlamento de Galicia, que se garanta o dereito do alumnado con discapacidade que é usuario do transporte a asistir á totalidade do horario lectivo”, sinalou, engadindo que esixirá “que se adopten todas as medidas organizativas necesarias para que ningún alumno ou alumna teña que abandonar o centro antes da hora oficial de saída”. 

“Evidentemente, tamén esixiremos que se revise o funcionamento e os contratos das empresas concesionarias do transporte adaptado e que se asegure que esa organización priorice sempre os dereitos educativos do alumnado e non criterios de conveniencia empresarial”, apuntou, ao tempo que dixo que é a súa intención reclamar á Consellería de Educación que “dea resposta ás familias afectadas, que se estableza un protocolo especifico para que se resolvan todas estas cuestións”, apunta o socialista. 

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.