O programa socioeducativo e medioambiental do CAD, na Pobra, remata tras atender 65 familias

31 Outubro 2025

A concelleira de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, entregou a Sara Outeiral, da empresa DS Smith Packaging Cartogal, a memoria final do proxecto medioambiental posto en marcha a través do Centro Integral de Atención á Discapacidade (CAD). O acto puxo fin ao traballo de meses e no que participaron 65 familias usuarias desta instalación. A entrega levouse a cabo nunha instalación ambientada con decoración de Samaín elaborada polo propio persoal e pola rapazada do CAD para os máis pequenos e pequenas.

Segundo consta o balance de actividades, o programa materializouse en 19 saídas a espazos naturais, 22 sesións individualizadas e outras 24 a nivel grupal.

Entre as distintas accións que se organizaron houbo obradoiros de estampado con flores e follas, xornadas de limpeza para retirar basuraleza, para promover o uso de materiais de refugallo e actividades de grafía na praia coa que os nenos e nenas usaron a area para escribir os seus nomes. O cronograma de propostas incluíu tamén sesións de interacción con animais da contorna do CAD, merendas sensoriais, plantación de árbores froiteiras, un circuíto motor polas árbores e camiños sensoriais.

O programa fíxose dentro do marco dun convenio de colaboración entre o Centro de Atención a Discapacidade e a empresa DS Smith Cartogal. A edil de Servizos Sociais agradeceu a colaboración da compañía nesta iniciativa coa que se buscou “atender aos nenos e nenas con problemas de integración sensorial e xerar conciencia entre os usuarios e usuarias sobre a importancia de coidar e respectar as contornas naturais”.

Durante a súa visita á instalación, a edil puxo en valor, ademais, o labor do persoal do CAD na decoración da instalación polo Samaín: “estes elementos compren non só unha función decorativa, senón que tamén serven para que os rapaces e rapazas poidan interactuar e xogar con eles, podendo funcionar como un xeito de entretemento cando están agardando para entrar súas sesións de terapia”. 

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...