O Partido Barbanza Independente (PBBI) emitiu un duro comunicado contra o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral (BNG), ao que acusa de “sectarismo”, “revanchismo” e de gobernar “sen diálogo, transparencia nin consenso”. A formación explica así os motivos que a levaron a presentar unha moción de censura xunto ao PP, coa que pretenden desaloxar ao BNG da alcaldía.
Os independentes denuncian que, tras o cesamento dos seus cargos, “o rexedor ordenou baleirar os despachos e chegou mesmo a avisar á Policía Local para que comparecese no Consistorio mentres recollían as súas pertenzas”. E critican: “Esta é a verdadeira cara dun alcalde, cun modo de actuar totalmente sectario”.
Un dos episodios máis polémicos sinalados polo PBBI é a substitución dos corazóns das letras turísticas de Ribeira pola “B” de BNG, unha acción que consideran “infantil” e “revanchista”. Segundo lembran, esas figuras forman parte dunha marca corporativa financiada con fondos europeos EDUSI, coa obrigación de manterse durante cinco anos. “Con esta decisión poñen en risco ao Concello por puro capricho”, advirten.

“Gobernar coma se só existise o BNG”
O PBBI lembra que o actual Goberno municipal naceu dun pacto tripartito entre BNG, PSOE e a propia formación independente. Con todo, denuncian que o BNG actuou “coma se gobernase en solitario, marxinando aos seus socios de decisións relevantes”.
Entre os exemplos que achegan, citan:
O uso da Secretaría de Alcaldía como “sexta concellería do BNG” para crear “unha rede de clientelismo”.
A inclusión de puntos nos plenos sen consenso, como subvencións nominativas.
O intento de renovar unha axuda de 18.000 euros ao festival Mares da Fin do Mundo a pesar de supostas irregularidades.
“Excesivo gasto” en Festexos, xestionado polo PSOE, sen informar previamente aos seus socios.
Inacción en proxectos de vivenda e equipamentos como a biblioteca municipal, mentres si se priorizaban cuestións “estéticas” como a instalación da “B”.
Tamén acusan o alcalde de “ocultarnos información das súas propias áreas, como a presentación do buque Heroínas de Sálvora, vinculada á Concellería do Mar”.

Resposta ás críticas
O comunicado responde, ademais, ás acusacións do BNG sobre supostas motivacións económicas no acordo co PP. “Iso si é bochornoso, vindo dun alcalde que presume de construír en positivo”, replican desde o PBBI.
Sobre as tensións internas, o partido aclara que os seus concelleiros tiveron “plena liberdade” para decidir se apoiaban a moción. Con todo, mostran sorpresa polo cambio de postura da edil Tania Redondo e polas declaracións do concelleiro Juan Luis Furones, a quen acusan de “contradicir o devandito en reunións internas”.
“A moción é polos veciños, non polo PBBI”
O PBBI insiste en que a moción de censura non responde a “agravios persoais ou partidistas”, senón á “falta de diálogo, transparencia e consenso” do alcalde e dos concelleiros do BNG. “Nos ningunearon de forma constante e actuaron coma se Ribeira fose só súa”, conclúen.
COMUNICADO INTEGRO:
Tras o cesamento dos nosos cargos e a orde por parte do alcalde Luís Pérez Barral de baleirar os despachos, dispuxémonos a recoller as nosas pertenzas da casa do concello, atopándonos coa sorpresa na tarde de onte de que deran aviso á Policía local para que comparecesen no concello porque había concelleiros no concello que non eran parte do equipo de goberno.
Esta é a verdadeira cara dun alcalde, cun modo de actuar totalmente sectario. Cabe lembrar que, nesta vida, non é máis importante como se entra, senón como se deixa un cargo.
Un claro exemplo é a maneira de proceder coa que nos atopamos hoxe, pois cambiaron os corazóns das letras de Ribeira polas B. Isto demostra cales son as prioridades do BNG: non son responder as necesidades dos veciños, senón impoñer a súa ideoloxía; un alcalde que detrás desta táctica un revanchismo, unha actitude cun modo de actuar infantil. En definitiva, un alcalde ao que agora lle dan carrapetas e, se mo permiten, sen corazón, ao quitar este símbolo que, lémbrolle, forma parte dunha marca financiada con fondos europeos.
Estas figuras coa toponimia do noso concello, colocáronse ao amparo da EDUSI, uns fondos europeos para dotar ao Concello de Ribeira dunha marca e imaxe corporativa. Cando se implantou, fíxose co compromiso de que terían que permanecer durante cinco anos, durante os cales, a Administración local sería sometida a auditorías co fin de comprobar que se cumpren os requisitos. É dicir, coa maneira de proceder de hoxe, non só están a mostrar a verdadeira cara do BNG, tamén están a poñer en problemas ao Concello por puro capricho.
As B encargounas o BNG e no PBBI tivemos constancia desas letras unha vez depositadas no almacén, sen falar connosco con anterioridade co obxectivo de usalo en chantaxes para que cedésemos noutras cuestións. O PBBI non está para destruír, está para construír.
Un exemplo máis da trasparencia da que presume o BNG á hora de gobernar.
Sabe que resulta bochornoso, señor Pérez Barral? Que nos acuse de motivacións partidistas, cando vostede leva actuando desta maneira desde o primeiro minuto de entrar no goberno municipal. Demóstranolo, por exemplo, o feito de que a primeira xefa de prensa do actual executivo do señor Pérez Barral era unha militante do BNG noutro concello de Galicia e que o secretario de Alcaldía integra as listas do BNG de Ribeira.
Ambos foron designados como persoal eventual, nomeados pola Alcaldía, pero ante todo, están para traballar para todos os veciños e non só deberían
responder #ante o alcalde, senón #ante o goberno municipal de Ribeira que, lémbrolles, era un tripartito.
Aproveito, por tanto, a ocasión para lembrarlle á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que este executivo local era froito dunha coalición entre PBBI, PSOE e BNG, e non só está a formación nacionalista ao referirse nunhas declaracións ao ‘’Goberno municipal do BNG’’.
Lembrámoslles que se o BNG accedeu á Alcaldía de Ribeira foi grazas ao apoio do PBBI: 5 concelleiros do BNG + 5 concelleiros do PBBI + 1 do PSOE. Son matemáticas simples. Estou a esperar a chamada da señora Pontón para dar as grazas polos servizos prestados durante dous anos.
Sen o noso apoio nunca alcanzarían a Alcaldía, aínda que actuasen e actúen coma se só estivesen eles no executivo local, mesmo, chegando a declarar a medios que os desaloxamos como alcalde do Concello de Ribeira.
Sempre actuaron coma se o resto non contásemos para nada na ecuación.
Ao encargo das letras B nas figuras coa toponimia de Ribeira e o nomeamento de persoal eventual seninformarnos previamente, e que poden parecer
nimiedades, únense outra serie de motivacións.
- A secretaría de Alcaldía servía como unha sexta concellería do BNG a través da que pretendían crear unha rede de clientelismo.
- levaron puntos na orde do día dos Plenos, sen ter un consenso como, por exemplo, con algo tan importante como son as subvencións nominativas.
- Estaban dispostos a darlle novamente a subvención de 18.000 euros ao festival Mares dá Fin do Mundo, a pesar de que son coñecedores da situación anómala que detectamos ao comprobar a xustificación da axuda do ano pasado.
- Excesivo gasto en determinadas áreas como Festexos, que dirixe o PSOE, do que se nos informaban unha vez estaba comprometida o investimento.
- Desde a Concellería de Obras, que dirixe o BNG, non se proxectaban nin buscaban fontes de financiamento que nonfose o POS para realizar outras actuacións a nivel de infraestruturas e, efectivamente, moitas das que estaban a inaugurar eran comprometidas do anterior mandato. Aínda sen facer nada para botar a andar a biblioteca municipal, por poñer un exemplo, pero se para encargar a B e poñelas hoxe.
- Recibimos a proposta de construtores para terminaredificacións de vivendas que levaban anos paralizadas e, a día de hoxe, son esqueletos de ladrillo nonoso municipio, pero o BNG pretendía opoñerse.
- A promoción de vivenda social debe ser un labor da Administración pública, como xa demos os primeiros pasos tras conseguir o desaloxo dos okupas na zona de Abesadas, pero non é o deber de particulares.
Un labor no que traballamos arduamente desde a Concellería de Servizos Sociais. - Foi o propio alcalde o que me dixo que falase coa portavoz do PP para ver se nos axudaban a desatascar a prohibición de colocar as atraccións de feira nas festas.
- Nunca quixeron compartir connosco a axenda institucional, a pesar das veces que lle reiteramos que así fose.
- Mesmo pretendían que non subísemos ao balcón da nova casa do concello no pregón das festas, cando si que había sitio.
O PBBI veu a traballar con rigor e seriedade por e para Ribeira, non para soster chiringuitos do BNG. Por tanto, a formación nacionalista non está a responder aos intereses do conxunto da cidadanía de Ribeira, só dos seus.
Fomos constantemente ninguneados, chegando a ocultarnos información sobre cuestións das nosas áreas como, por exemplo, a presentación do buque Heroínas de Sálvora,á que asistiu o alcalde, sen comunicarllo ao concelleiro de Mar, quen estivera traballando para que o buque fixese escala en Ribeira.
Pero, non, non presentamos a moción de censura por agravios ao PBBI, presentámola polos agravios aos veciños e veciñas de Ribeira. Por todo o devandito anteriormente.
Na nosa anterior intervención a medios, quixemos ser completamente diplomáticos por respecto ás persoas coas que traballamos no goberno, pero tras as graves acusacións de onte, non podemos quedarnos calados.
Acusacións tan graves e sucias como insinuar intereses económicos para chegar ao acordo co PP. Iso se é bochornoso, vindo dun alcalde que presume de construír en positivo.
Desta maneira, os motivos da moción de censura quedan, por tanto, explicados por segunda vez. En definitiva, falta de diálogo, transparencia e consenso.
Esta é a verdadeira cara do señor Pérez Barral e dos concelleiros do BNG. Tirando de refraneiro español: ‘’Dime de que presumes e direiche do que careces’’.
Resulta patético ver as mentiras e acusacións que verten sobre o PBBI, todo por agarrarse ao bastón de mando custe o que custe..
Queremos tamén deixar claro, novamente, que nunca coaccionamos a ninguén. Todos os nosos concelleiros tiveron total liberdade para decidir se apoiaban o acordo ou non, se o asinaban ou non. Non entendemos a postura da nosa compañeira Tania Redondo, quen acudiu sen ningún
problema para asinar a moción de censura, pero agora ten dúbidas sobre se formará parte ou non do futuro executivo.
O que se nos parece vergoñosa é a actitude de Juan Luis Furones. Nunha reunión de partido que tivemos a noite do sábado dixo que tiña que pensar a súa decisión, diante de todos os compañeiros alí presentes. Tamén lle convidamos a que compartise con todos nós a súa visión, unhas palabras que difiren moito do que saíu en prensa e nas súas redes sociais.
Alí, diante de todos os presentes, referendo as nosas palabras, o constante ninguneo por parte do BNG e a toma de decisións de maneira unilateral sen consenso co resto do equipo.
Sorpréndenos, por tanto, as súas últimas declaracións. Pero, á vista de quen se erixe desde onte como altofalante de ambos, talvez as coaccións chegan desde outra parte, talvez, sexa o BNG quen exerce as presións.
O que se estamos vendo fainos reafirmar máis que nunca que a decisión adoptada é a correcta para o conxunto dos veciños.



