O novo Goberno de Noia afrontará o pago do 77% das facturas pendentes de pago grazas á Deputación e “a unha estrita política de aforro”

21 Outubro 2025

O Concello de Noia emitiu este martes 21 de outubro un comunicado no que informa que procederá “ao pagamento da maior parte da facturas pendentes deixadas polo anterior Goberno municipal”. Din no comunicado que o novo Executivo, ao chegar ao Consistorio, atopáronse “cunha situación económica de enorme gravidade, cunha débeda acumulada de 1,1 millóns de euros con provedores, ademais de obrigas pendentes con outras administracións que agravan o panorama financeiro do Concello”.

Segundo explicaron o concelleiro de Facenda, Manolo Seijas, e o alcalde, Francisco Pérez, o actual Goberno local conseguiu planificar o pagamento de
850.000 euros, o que supón aproximadamente o 77% do total da débeda. “Esta cifra representa un esforzo económico moi considerábel, que é posíbel
unicamente grazas ao apoio decisivo da Deputación da Coruña e á aplicación dunha rigorosa política de aforro e contención do gasto por parte do novo equipo”, sinalaron.

A distribución dos fondos será a seguinte:

-​ 260.000 euros (24%) procedentes dunha subvención da Deputación da Coruña, á que o Concello de Noia expresa o seu máis sincero agradecemento polo apoio constante e compromiso co municipio. -​ 210.000 euros (19%) xerados pola política de aforro e redución do gasto implementada polo Goberno municipal desde a súa chegada.

-​ 380.000 euros (34%) con cargo ao remanente de tesourería municipal.

-​ O 23% restante, arredor de 250.000 euros, quedará pendente para o vindeiro exercicio económico, xa que, segundo explicou o concelleiro
Seijas, “é imposíbel sanear en só catro meses unha situación de débeda tan grave e acumulada”.

Neste primeiro pagamento darase prioridade ás pequenas empresas e autónomos locais, “moitos dos cales levan anos agardando por facturas
correspondentes a 2022, 2023 e 2024″, sinalaron, engadindo que “as empresas estaban afogadas; o goberno anterior deixou facturas sen crédito nin planificación orzamentaria, e tivemos que actuar con urxencia para evitar un colapso financeiro”, sinalou Seijas, que apuntou: “Con isto damos o primeiro paso cara ao saneamento das contas, sendo tamén o máis importante, porque involucraba a pequenos provedores locais”.

Pola súa banda, o alcalde, Francisco Pérez, indicou que o resto das facturas, que se abonarán ao longo do próximo ano, “corresponden principalmente a débedas con compañías eléctricas e a facturas con dúbidas legais sobre a súa tramitación, polo que requiren unha revisión exhaustiva antes do seu pago”. Sinalou que “ademais destas obrigas con provedores, o Concello de Noia debe facer fronte a unha débeda adicional de 5,5 millóns de euros con distintos entes —entre eles a Xunta de Galicia, a Mancomunidade Serra do Barbanza e a Deputación da Coruña—, o que reflicte a complexidade da situación herdada”. Apuntou que “estamos a facer un esforzo enorme para estabilizar as contas municipais e devolver a credibilidade económica ao Concello. Grazas á Deputación e a unha xestión responsable, estamos a poñer orde nunha situación límite”.

Remataron que esta liña de traballo encádrase no compromiso do Concello “coa transparencia, a responsabilidade económica e o saneamento das contas públicas, co obxectivo de garantir o futuro do municipio e o benestar do tecido empresarial de Noia”.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.