O grupo de Goberno de Muros di que o concello muradán non existe para a Xunta nos Orzamentos

21 Outubro 2025
María Lago, alcaldesa de Muros

O grupo de Goberno de Muros considera “moi decepcionantes e unha falta de respecto para a nosa veciñanza” os Orzamentos da Xunta para o ano 2026. “Nin un só euro en investimentos directos ou proxectos para Muros, é triste ver o listado de obras que a Xunta executará na comarca e na provincia e non atopar nada para o noso concello”, afirma a alcaldesa, María Lago.

“Os centros educativos de Muros demandan reformas estruturais; eu como alcaldesa reclamo desde hai dous anos unha implicación da Xunta na necesaria renovación da rede de saneamento de Muros; está pendente a nova sede dos xulgados; o mantemento das pasarelas, como a de Louro, e outros proxectos para o noso concello que a Xunta segue sen desbloquear”, lembra a alcaldesa.

“Esta forma de facer política, completamente partidista, non é un castigo para o Goberno local de Muros, é un castigo para os nosos veciños e veciñas, que non son tratados de forma xusta en comparación con outros concellos”, sostén.

“E mentres esta situación se repite un ano máis, desde o Concello asumimos cada vez máis competencias impropias e gastos que lle corresponden á Xunta, por exemplo no Servizo de Axuda no Forgar”, asegura a alcaldesa.

“Seguirei loitando e reclamando un trato digno para Muros, un concello borrado do mapa pola Xunta de Alfonso Rueda”, remata María Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.