O concurso RiArte promovido por Noia Limpa xa ten gañadores

08 Outubro 2025

Xa se coñecen os gañadores do concurso xuvenil RiArte: Arte para protexer a ría, impulsado polo colectivo ambiental e cidadá Noia Limpa. As obras seleccionadas serán pintadas nos sumidoiros de Noia este venres 10 e sábado 11 de outubro.

RiArte, como lembraremos, é un proxecto artístico e ambiental que transformará os sumidoiros de Noia en pequenas obras de arte con mensaxes a favor do coidado da ría de Muros e Noia e a natureza en xeral.

As intervencións realizaranse en diferentes puntos da vila este venres 10 de outubro, de 10:30 a 14:00 horas, e o sábado 11 de outubro, a partir das 12:00 e seguirán pola tarde,

Os dez deseños gañadores do concurso, elaborados por mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, terán como fío condutor a protección da natureza en xeral, e o respecto polo medio mariño. Noia Limpa explica que “cada pintura busca lembrar que todo o que cae nun sumidoiro remata no mar, e que cada xesto conta para manter limpa a nosa ría”.

A iniciativa convida á cidadanía, especialmente á mocidade, a tomar conciencia sobre o impacto do lixo urbano e a participar activamente na súa redución a través da arte e a creatividade. O proxecto tamén pretende embelecer as rúas de Noia e promover unha mensaxe positiva de sustentabilidade e responsabilidade ambiental.

Nesta primeira edición, o proxecto contará tamén coa participación especial do artista convidado Samu Piñeiro, recoñecido grafiteiro de 15 anos e unha das promesas máis destacadas da arte urbana en Galicia.

RiArte, concienciando á mocidade do coidado da contorna

RiArte é un proxecto impulsado pola asociación Noia Limpa, coa colaboración da Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Noia. O seu obxectivo é “unir arte e conciencia ecolóxica, transformando os sumidoiros en pequenas ventás de reflexión sobre o coidado da ría e a natureza en xeral”, explican dende a asociación, engadindo que a través desta acción “búscase que a mocidade se implique na protección do medio e comprenda que cada debuxo pode inspirar un cambio real no comportamento ambiental da comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.