O Concello de Noia intensifica os traballos de limpeza en media ducia de zonas do municipio

04 Outubro 2025

O Concello de Noia segue adiante cos labores de limpeza, poda e adecentamento en distintos puntos do municipio.

Esta semana actuouse principalmente nas seguintes zonas:

-Roza e limpeza en Ousoño

-Limpeza de fontes

-Actuación de poda, roza e adecuación no campo de fútbol

-Limpeza do Espírito Santo

-Actuación de limpeza na ria de Noia

-Adecuación e limpeza na zona de Testal

Dende o Concello agradeceron “a comprensión da veciñanza” e reiteran o compromiso do Goberno local “por manter os espazos públicos en condicións óptimas para todas e todos”.

Fontes do Consistorio engadiron que “debido ao prolongado tempo sen mantemento que presentaban algunhas destas zonas, e tras o correspondente informe técnico, foi preciso realizar unha intervención máis profunda do habitual para devolverlles un estado axeitado e seguro para o desfrute veciñal”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.