O Concello de Muros presenta a súa programación polo 25N

31 Outubro 2025

O Concello de Muros presentou a súa programación polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes actividades para públicos de todas as idades.

“Será un mes para concienciar e dicir ben alto que non podemos dar pasos cara atrás”, afirmou Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade de Muros, que debullou a axenda do 25N con Elvira Núñez, asesora xurídica do Centro de Información á Muller (CIM) de Muros.

“Vemos con preocupación os datos que confirman un aumento das denuncias por violencia machista, especialmente na xente máis nova”, engadiu Martínez.

Na mesma liña falou a alcaldesa de Muros, María Lago, que advertiu “das voces que restan importancia a unha lacra social como é a violencia machista, que require unidade de acción de toda a sociedade”.

A programación comeza o 9 de novembro cun obradoiro de defensa persoal feminina, mentres que o 18 chegará a presentación do libro As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936, con Carmen V. Valiña.

As actividades coa comunidade educativa terán un especial protagonismo, coa charla teatralizada A violencia nos videoxogos, para o alumnado do IES Fontexería e o IES As Insuas, e a charla Desconecta a violencia: o perigo está en liña, en colaboración con ADISBISMUR para o alumnado do IES As Insuas.

O 25N instalarase no Curro da Praza un punto de sensibilización, en colaboración con ADISBISMUR e a Deputación da Coruña, e haberá unha concentración ás 12:00 horas.

Para pechar a programación, unha nova edición do Café Feminista o 29 de novembro no local de Agrovello, Tal, co tema A violencia psicolóxica. Contará coa intervención de Aurea Brea.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.