O Concello de Lousame inicia este venres en Fruíme unha serie de reunións periódicas coa veciñanza das súas sete parroquias

14 Outubro 2025

O Concello de Lousame inicia este venres 17 de outubro en Fruíme as actividades participativas e cidadás do programa Lousame, parroquia a parroquia, unha serie de reunións periódicas cos veciños e veciñas das sete parroquias do municipio.

O alcalde, Esteban Ares García, explica que “trátase dunha nova iniciativa coa que queremos achegarnos aínda máis á veciñanza, escoitar as súas propostas e explicarlles tamén os proxectos presentes e futuros para cada parroquia”.

A parroquia de Fruíme será a primeira en acoller este encontro, que terá lugar este venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, no local social da Escabia. A entrada é totalmente libre e de balde, non sendo precisa inscrición previa. As datas e puntos de encontro das seguintes seis reunións serán dados a coñecer nos próximos días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.