O Concello de Boiro leva a cabo a instalación de paneis solares fotovoltaicos en edificios municipais

01 Outubro 2025

O Concello de Boiro está a levar a cabo obras para a instalación de paneis solares fotovoltaicos en edificios municipais para mellorar a eficiencia enerxética dos inmóbeis. En particular a instalación estase a levar a cabo na nave de Protección Civil, o Complexo Deportivo da Cachada e o Pavillón de Deportes de Praia Xardín.

Segundo informou o Concello, con estas instalacións “vaise conseguir a implantación dunha comunidade enerxética renovábel coa que reducir as emisións de CO2; beneficios económicos, sociais e medioambientais ao aproveitar enerxías limpas para o autoconsumo; así como facilitar a integración das enerxías limpas”.

E engade: “Esta solución ten un maior aforro e menor investimento ca outras tecnoloxías de xeración de enerxía e está pensada para lograr un maior aforro naquelas instalacións de maior consumo”.

O total das actuacións ascende aos 134.308 euros na instalación da Cachada; 65.341,44 euros a instalación na nave de Protección Civil; e 85.589,52 no Pavillón de Praia Xardín.

Para levar a cabo esta instalación o Concello de Boiro ten concedida unha subvención para financiar o 60% das actuacións por importe de 50.000 euros no Complexo Deportivo da Cachada; 36.300 euros na nave de Protección Civil; e 49.278 euros para o Pavillón de Praia Xardín da Axencia Instituto Enerxético de Galicia co-financiadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.