O Concello de Boiro formaliza convenios con nove entidades sociais para desenvolver actividades

08 Outubro 2025

O Concello de Boiro destina un total de 45.750 euros para desenvolver actividades mediante a sinatura de convenios con entidades sociais e asociacións. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, presentaron este 8 de outubro as axudas a nove entidades con fins sociais.

Cruz Vermella, Cáritas, Amicos, AGADEA, Ambar, A Creba, Renacer, Arelas e BarbanTEA asinaron este ano convenios co Concello de Boiro mediante os que se contribúe ao desenvolvemento de actividades e accións tales como a entrega de alimentos; o apoio socioeducativo a menores; actividades de memoria en todas as parroquias para persoas maiores; actividades para persoas con discapacidade; entre outras.

“As entidades sociais, xunto cos servizos sociais municipais, forman un gran equipo de axuda e apoio que cubre as principais necesidades da veciñanza en materia social”, recoñeceu Raúl Treus.

Dende o ano 2019 ata a actualidade o Concello de Boiro leva invertidos máis de 250 mil euros en subvencións nominativas no eido social.

Dende o Goberno local explicaron que a partida orzamentaria destinada aos servizos sociais municipais é de 2,2 millóns de euros, o que supón un 12% do orzamento municipal. “Estas cifras son o reflexo dunha clara aposta deste goberno en materia social e en políticas que redundan directamente na mellora da calidade de vida da veciñanza”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

O Concello de Boiro destina máis de 370 mil euros en subvencións nominativas directas con máis de 60 entidades entre as que se atopan entidades sociais, culturais, clubs deportivos, centros de ensino e outras co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento de actividades para beneficio da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.