O Centro de Formación de Espiñeira acolle este venres unha xornada sobre compostaxe e aproveitamento vexetal

28 Outubro 2025

O Concello de Boiro quere avanzar na xestión sustentábel e eficiente de refugallos. Con este motivo, o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira vai acoller este venres 31 de outubro unha nova xornada práctica sobre compostaxe, separación de residuos e aproveitamento vexetal. A cita dará comezo ás 17.00 horas.

Nesta xornada práctica sobre compostaxe, separación de residuos e aproveitamento vexetal abordaranse catro bloques principais. En primeiro lugar falarase sobre o novo modelo de recollida de residuos, o sistema actual e os cambios que veñen coa separación da materia orgánica; tamén se falará dos hortos urbanos e como estes serven como exemplo de aproveitamento sostíbel.

Levarase a cabo un obradoiro práctico de agricultura ecolóxica e aproveitamento vexetal cunha demostración práctica sobre remedios naturais para combater pragas e técnicas de conservación de produtos vexetais.

A xornada é gratuíta e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse mediante o formulario dispoñible na web municipal ou mediante o enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou o teléfono 981 377 585.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.