A concelleira de Cultura de Ribeira, Antía Alberte e o director do Grupo Municipal de Teatro, Óscar Romero Martínez, acompañados de membros do GMT, presentaron este 9 de outubro a nova estrea da agrupación: unha lectura dramatizada de Don Juan Tenorio de José Zorrilla.

Despois de varios anos xirando por toda a comunidade cos espectáculo Criaturas e O Rei Telesforo busca noiva e quere noivo, o GMT aposta de novo polo xénero clásico cun drama romántico en verso, desta volta con formato de lectura dramatizada para o Día de Todos os Santos, o sábado 1 de novembro e nun entorno especial: o Cemiterio Municipal de Ribeira.
Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, trátase dun drama romántico en verso, tamén clasificado como drama relixioso-fantástico. Estreouse en 1844, é unha obra teatral en dúas partes que segue a tradición do Romanticismo español, destacando a importancia dos sentimentos, a maxia e os elementos sobrenaturais, e que se centra na figura do sedutor que busca a salvación a través do amor verdadeiro.
Trátase dunha montaxe que o propio grupo tiña moitas gañas de facer fai xa tempo pois cabe sinalar que é unha tradición de Todos os Santos representar o Don Juan nos cemiterios, algo que é habitual en Andalucía (Sevilla, cidade na que transcorre a peza teatral), nas dúas Castelas ou Madrid, onde é famosa a representación que se leva a cabo en Alcalá de Henares.
Antía Alberte e Óscar Romero explicaron que a representación de Don Juan Tenorio en cemiterios durante a festividade de Todos os Santos e o Día de Defuntos é una tradición cultural española que se consolidou a finais do século XIX, ligada aos temas da morte, a redención e os fantasmas, que son centrais na segunda parte de la obra de Zorrilla.
Na montaxe participarán quince compoñentes, membros do GMT de Ribeira, con experiencia en lecturas dramatizadas, como o Conto de Nadal representado en 2024 no Auditorio Municipal, ademais de Criaturas. A duración da obra será de aproximadamente 100 minutos. A entrada sserá de balde no mesmo lugar no que se disporán cadeiras para os asistentes a partir de media hora antes. A función será ás 19:00 h e a obra está recomendada para maiores de 12 anos.




