O BNG de Dodro chama á cidadanía para que “non quede sen liñas de buses”

12 Outubro 2025

O BNG de Dodro, a través do seu voceiro municipal Xoán Bautista Mariño, convocou de urxencia a colectivos e veciñanza a unha reunión en Imo.
No local da Asociación de Veciños de san Xoán de Laíño reuníronse particulares e representantes de asociacións e partidos políticos como a Unidade Veciñal e membros do BNG. Os participantes presentes decidiron presentar alegacións ata o mércores 15 de outubro, cando remata o prazo ante o período de información pública ao proxecto de explotación do servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros/as por estrada clave XG847, Comarca do Barbanza.

Tal e como analizaron o documento coincidiron en recoller apoios de máis entidades, colectivos e particulares ante o que consideran “unha discriminación da Xunta de Galiza con Dodro polos contínuos recortes do transporte público pola estrada que vertebra o municipio, a AC-350”.

Din que o novo proxecto de explotación non se adecúa ás necesidades reais de Dodro e que resulta “inadmisíbel que dende as 8:30 da mañá non haxa un servizo que cubra a zona ata pasadas as 13:30 horas, cinco horas sen autobús”.

Engadiron que “somos un concello rural con poucos medios de comunicación interurbana pese a haber boas vías entre Ribeira e Compostela das que só estamos a media hora por estrada” e, engaden, “necesitamos desprazarnos para acudir a hospitais, centros de saúde, bancos, supermercados, traballo ou calquera outra xestión na comarca do Sar, Santiago de Compostela ou aos concellos da comarca da Barbanza, aseguran”.

Ao seu parecer, “os recortes que padece o concello desde a nova concesión de Monbus agravaríanse aínda máis con este novo proxecto para todos: enfermos crónicos, demandantes de emprego, traballadoras ou outras persoas usuarias para acudir ao Barbanza por xestións coma no INEM, ETTS ou o lecer como o das praias”.

No proxecto mesmo ven problemas como a nova parada da rúa avenida. Mestra Victoria que, sinalan, “non é a mais axeitada pola dificultade de acceder a ela por parte sobre todo de pacientes con problemas de mobilidade ou xente de avanzada idade, tendo en conta que o autobús que vai para Ribeira si entra nas instalacións do hospital pola porta principal”.

Outro dato que se desprende do proxecto é a liña nova para os estudantes que “só estaría en funcionamento en época escolar, así que o recorte de servizos é maior do que parece a simple vista”, din.

E engaden: “Non se pode consentir que a Xunta de Galicia inxecte mais cartos no novo contrato á explotación da liña para que se recorten servizos a unha parte a poboación”.

Por todo iso solicitan en tres puntos:

1.- Que se manteñan os actuais horarios de transporte público coa mellora do instituto de Padrón e acceso ó centro de saúde de Lestrobe en horario de analíticas e reforzo das horas centrais do día para regresar.

2.- Que se melloren e reforcen as actuais frecuencias das liñas Santiago de Compostela – Ribeira e ao revés.

3.- Non dar validez a este proxecto de explotación por consideralo discriminatorio e non cubrir as necesidades reais dos veciños do concello de Dodro por quedaren illados das comarcas veciñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.