O alcalde de Noia reúnese cun equipo da Deputación para mellorar a seguridade viaria no termo municipal

15 Outubro 2025

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, acolleu este mércores 15 de outubro, no Concello, unha visita dunha delegación da Deputación da Coruña, encabezada pola deputada provincial de Obras e Servizos, Mónica Rodríguez Ordóñez, co obxectivo de analizar e coordinar actuacións destinadas a mellorar a seguridade viaria en distintos puntos do termo municipal. Durante a reunión, estudáronse diversas propostas de intervención, sobre todo no lugar da Ponte e na estrada de Sobreviñas. En ambas áreas detectáronse necesidades urxentes de mellora para garantir unha circulación máis segura e cómoda tanto para vehículos como para peóns.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, destacou que “a seguridade viaria é unha prioridade para este Goberno municipal, especialmente en zonas nas que os veciños e veciñas levan tempo demandando solucións. A nosa intención é que estas actuacións se concreten canto antes para dar resposta ás
súas necesidades e mellorar a calidade de vida en todo o municipio”.

Pola súa banda, a deputada provincial Mónica Rodríguez Ordóñez subliñou “a total disposición da Deputación da Coruña para colaborar co Concello de Noia en todas aquelas actuacións que contribúan a incrementar a seguridade e o benestar da cidadanía”, e expresou o seu compromiso de seguir
traballando conxuntamente co goberno local para impulsar os proxectos que se definan nos próximos meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...