O acceso á rúa Santísima Trinidade dende a Travesía queda permitido á espera do novo Plan de Mobilidade Integral do Concello de Noia

26 Outubro 2025


O alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o voceiro do BNG, Ricardo Suárez, veñen de anunciar unha modificación temporal da circulación nas rúas Travesía e Corredoira Luís Cadarso, coa finalidade de mellorar o tráfico e reducir os atascos que se viñan producindo na rúa Besteiros, na baixada do Instituto Virxe do Mar.

A medida, que entra en vigor de inmediato, permitirá, de xeito transitorio, a incorporación á rúa Santísima Trinidade, retirando a coñecida maceta que impedía este acceso. Deste xeito, facilítase a comunicación coa zona de San Lázaro sen ter que dar a volta completa á vila.

Así mesmo, establécese unha limitación de velocidade a 20 km/h, a preferencia peonil e a prohibición do paso de non residentes pola rúa Travesía entre as 22:00 e as 08:00 horas, co obxectivo de garantir a seguridade e o descanso veciñal. O inicio destas medidas irá acompañado dun dispositivo da Policía Local, co obxectivo de garantir o cumprimento e de dar seguridade ós veciños e veciñas da zona.

A modificación tamén implica un paso importante na peonalización do primeiro tramo da Corredoira Luís Cadarso, xa que o acceso dende a Carreiriña quedará prohibido. Esta vía, onde se atopan a Biblioteca Municipal e a Casa da Cultura, só poderá ser empregada por residentes para incorporarse á Carreiriña, reducindo así de forma notable o tráfico rodado nesta zona.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, destacou que se trata “dunha medida provisional e práctica para mellorar a mobilidade e reducir os atascos que se
estaban a producir nas horas punta”. Segundo explicou, “esta actuación permitirá aliviar a circulación mentres se finaliza o Plan Integral de Mobilidade de Noia, un proxecto co que pretendemos ordenar o tráfico, mellorar o acceso ao centro e priorizar a seguridade peonil”.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Ricardo Suárez, sinalou que “esta é unha actuación transitoria que conxuga os intereses da veciñanza da Corredoira e de San Lázaro, garantindo, por unha parte, a seguridade viaria dos primeiros e, por outra, un acceso máis fluído para os segundos”. Engadiu que “o plan integral que estamos a preparar analizará o conxunto da mobilidade no municipio e servirá para avanzar no camiño da peonalización, en liña co
acordado entre o BNG e o goberno municipal no pacto de investidura”.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.