Noia rendeu homenaxe ás mulleres escritoras

14 Outubro 2025

Este luns 13 de outubro a Biblioteca Municipal de Noia celebrou o Día das Escritoras cunha lectura pública de voces femininas, a partir das 20.00 horas. Na sesión as e os participantes falaron tanto de autoras coñecidas como de outras con menos sona, pero, segundo destacaron dende a Biblioteca, “merecedoras igualmente de reivindicar o seu sitio na literatura”. A xuntanza foi tamén un xeito de homenaxear a forza, a creatividade e o legado das escritoras.

Na xornada participaron o Clube de Lectura de Adultos María Mariño, os membros do Grupo de Teatro de Noia e a concelleira Chelo Martínez, colaborando na lectura dos textos. Esta actividade forma parte da celebración da X Edición do Día das Escritoras organizado pola Biblioteca Nacional de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.