Noia fomentou a lectura entre a rapazada

12 Outubro 2025

Este venres Noia embarcouse na aventura de promover a literatura ente a rapazada, a través da iniciativa Biblioteca no Parque, impulsada dende a Biblioteca Municipal e o Concello, a partir das 18.00 horas na Alameda. Este foi o céntrico emprazamento para o miolo da iniciativa, que consistiu en poñer ao alcance das nenas e nenos unha manchea de libros viaxeiros, no marco dunha xornada “para desfrutar coa familia da literatura, dos soños e das aventuras ao aire libre”, informaron dende a organización, que tamén puido contar con Charo Pita e co seu contacontos Da cabeza aos pés.

A iniciativa Biblioteca no Parque tamén incluíu un reparto de libros (ata esgotar existencias) e brindouse ás cativas e cativos a posibilidade de facérense socias/os da Biblioteca.

Tralo reparto fixéronse grupos e os integrantes de cada grupo leron un anaquiño do libro que lles tocou aos seus compañeiros de grupo, traballando así a lectura activa, a atención, a escoita activa, a comprensión, a memoria e a atención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.