Noia celebra o 1 de novembro cun roteiro conducido por Quico Cadaval e un concerto de Grupo 1500 en Santa María A Nova

26 Outubro 2025

Este Día de Todos os Santos, Noia convértese nun escenario para a memoria e a emoción coa proposta Laudatio Funebris, unha xornada dedicada á morte, ao pranto e ao alén na tradición galega medieval.

Haberá un roteiro co narrador e dramaturgo barbanzán Quico Cadaval e un concerto de música antiga galega na Igrexa de Santa María A Nova.

Programa

17:30 | Ponte de Traba

Roteiro conducido e contado por Quico Cadaval, unha viaxe pola historia e as lendas do noso territorio.

19:30 | Igrexa de Santa María a Nova

Concerto: Cinco prantos para un reino a cargo do Grupo 1500, que transportará ao público ao son das músicas e emocións do Reino da Galiza.

Trátase dunha actividade organizada por ACentral Folque coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.