Noia acolle este domingo a presentación da Asociación Cabalar Serra do Barbanza, co apoio do Concello

14 Outubro 2025


O pasado 13 de outubro de 2025 tivo lugar unha reunión entre o alcalde de Noia, Francisco Pérez, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, e representantes da Asociación Cabalar Serra do Barbanza, que realizará a súa presentación pública o domingo 19 de outubro a partir das 11:00 horas no Campo da Feira de Noia. Durante o encontro, os representantes municipais amosaron o seu compromiso co fomento das actividades ecuestres e co mantemento da tradición cabalar na comarca. Pola súa banda, desde a Asociación Cabalar Serra do Barbanza agradeceron o apoio recibido por parte do Concello de Noia, que está a facilitar a organización deste primeiro acto público e futuras iniciativas conxuntas.

O tenente de alcalde, Manolo Seijas, destacou que “esta colaboración permitirá desenvolver numerosas actividades ao longo do ano, reforzando a nosa tradición cabalar e dinamizando a vida social e cultural de Noia”.

A presentación da asociación incluirá interacción con cabalos para pequenos e maiores, ofrecendo unha xornada de convivencia e posta en valor do patrimonio natural e cultural vinculado ao mundo do cabalo.

Dende o Concello de Noia animaron á veciñanza a participar neste evento, que marca o inicio dunha nova etapa para a promoción das actividades cabalares na vila.

Data do evento: Domingo, 19 de outubro de 2025, dende ás 11:00 horas​
Lugar: Campo da Feira, Noia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.