Martes 28, chega a choiva nunha semana pasada por auga

27 Outubro 2025

Galicia despedirá o martes con cambio de tempo, xa que unha fronte procedente do sur afectará o territorio na segunda metade da xornada.

Durante a mañá agárdanse ceos con nubes altas e ambiente tranquilo, pero a situación irá empeorando co paso das horas. A nubosidade aumentará progresivamente, e as chuvias farán acto de presenza pola tarde, sendo máis probables nas comarcas do oeste. Xa pola noite, a precipitación estenderase a toda Galicia.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso(18-20 graos), mentres que os ventos soprarán do sueste e leste, en xeral frouxos.

Temperaturas previstas ás 14 horas do martes 28 de outubro

A chegada desta fronte porá fin á estabilidade dos últimos días, deixando unha xornada de transición cara a un tempo máis húmido e inestable.

meteogalicia

O noso mar: vento do sueste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.2 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Entramos en tempo revolto con choiva duranate os próximos días:

Outros artigos

Mércores 16, marcado descenso térmico en Galicia

A comunidade quedará baixo unha circulación de vento do nordés que deixará máximas baixas para a época do ano. Galicia atoparase este mércores nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, marcada pola entrada dunha circulación de vento do nordés....

+

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

Jesús Vázquez Paz Despedimos a Jesus Vázquez Paz, de longa e froitosa vida ao servizo da Igrexa, da Cultura e dos chairegos, que naceu no Buriz e ao Buriz volve para que repousen os seus restos mortais. Fun amigo daquel crego/monitor do TC de Pígara, hai case 60 anos,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.