Iniciada a instalación das estruturas prefabricadas do Centro de Deportes Náuticos de Aguiño

28 Outubro 2025

O Centro de Deportes Náuticos comezou a tomar forma coa instalación das estruturas prefabricadas de formigón que conforman o exterior da nave. A previsión do Concello de Ribeira é de que as paredes estean xa colocadas no mes de novembro, e, en decembro, contará coa cuberta. Dende o Goberno local explican que estamos ante “un paso máis para a materialización deste recinto deportivo” despois da reunión mantida coa empresa adxudicataria da obra UTE Xestión Ambiental de Contratas e Prace Servicios e Obras para avaliar o estado de execución “dunha infraestrutura necesaria dado o forte vínculo do noso municipio co mar tamén a través do deporte e coa finalidade de facilitar maiores e mellores prestacións aos nosos clubs e deportistas”, en palabras da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro.

Unha vez rematada a fase centrada no exterior do centro deportivo de Aguiño, comezarán os traballos no seu interior para rematar a obra en marzo de 2026.

Despois de facer o edificio será o momento de dotalo con equipamento, para o cal colaborarase co Club de Remo co obxectivo de recibir asesoramento sobre o material deportivo necesario a incorporar.

A construción consta de 1156 metros cadrados divididos en dous andares. Na planta baixa habilitarase a zona de almacenamento de embarcacións, o foso de adestramento, a recepción, aseo adaptado e almacén. Doutra banda, na primeira planta situarase o salón multiusos con aula e cociña office, despacho, baño adaptado, vestiarios, ximnasio e almacén. O importe total da adxudicación do

contrato é de 1.179.750 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.