“Grazas a Luís” – María Pilar Pereiro Saavedra

12 Outubro 2025

Escoitei dicir que unha concelleira, para xustificar a ruptura, sen motivo dun pacto, dicía que “A política é rastreira”. Non, señora concelleira, a política non é rastreira, rastreiros e rastreiras son algúns políticos e algunhas políticas que non miran polos intereses da cidadanía senón polos seus propios, ben sexa por incrementar o seu patrimonio ou por conseguir un cargo público. Rastreiras e rastreiros son os políticos e as políticas que incumpren a súa palabra dada e asinada, perdendo a súa dignidade como persoas.

Fachada do antigo Consistorio de Ribeira

Tiñamos en Ribeira un goberno que aínda con fallos, estaba a cambiar a forma de funcionar deste Concello. Había proximidade, había diálogo, había transparencia, había honestidade, había verde en lugar de cemento, había cultura de calidade, había atención ás minorías, había igualdade de tratamento independentemente da fortuna de cada quen ou da amizade, había apoio ás demandas da veciñanza, tanto na sanidade como na educación, había ilusión, había, había…e isto vaise acabar. Triste!

Agora imos ter unha alcaldesa, eu alégrome enormemente que unha muller chegue á alcaldía deste pobo, PERO, EMPEZA MAL. E digo que empeza mal porque as ansias de poder lévana a aliarse con aqueles a quen criticaron duramente e que, para non perder privilexios ou por intereses espurios, romperon a súa palabra, traizoando o pacto que firmaran.

E moito me temo que VAI SEGUIR MAL porque penso que vai antepoñer os intereses do seu partido aos intereses do pobo de Ribeira. E cando digo isto, penso, por exemplo, no tempo que levamos loitando en Ribeira por conseguir médic@s e nunca se sumaron a esta reivindicación que repercutía incluso sobre os seus afiliados xa que a falta de sanitarios afecta tanto á xente de dereitas como de esquerdas (non falo dos que din que non son de ningún lado porque eses non existen, pero este é outro tema).

Sr. ALCALDE DON LUÍS PÉREZ BARRAL, nesta mesma rede enfadeime con vostede por non impor o seu criterio de colocar unha pancarta na fachada da biblioteca esixindo médicos e xustificándoo para non romper o consenso; pero QUERO AGRADECERLLE o traballo realizado e a ilusión que nos deu ao ver como Ribeira se transformaba. A pesares de que había cousas que non me gustaban, Ribeira estaba cambiando e lamento profundamente que os intereses persoais impidan consolidar ese cambio.

O ter tido un alcalde como vostede foi unha gran honra. GRAZAS.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.