Este venres presentación en Ribeira do libro Honorata e a casa das palabras gardadas, de Ánxela Gracián

31 Outubro 2025


A A.C. Barbantia, Edicións Trinta por uma linha, La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira organizan este venres, 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, o acto de presentación do libro Honorata e a casa das palabras gardadas, da escritora Ánxela Gracián.

No evento intervirán o escritor Antonio Piñeiro, a profesora da USC Marta Neira, a propia autora Ánxela Gracián e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro.

Esta iniciativa enmárcase nas actividades culturais que promove a asociación Barbantia, en colaboración co Concello de Ribeira, co obxectivo de achegar a literatura galega contemporánea á cidadanía e fomentar o diálogo entre creadoras e lectores.

Ademais, o suplemento cultural A Voz de Barbantia nº 208 acompañará a edición de La Voz de Galicia do sábado 1 de novembro de 2025, ofrecendo contidos sobre a actualidade literaria e cultural da comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.