En Noia, o Consistorio prepara a contorna de Testal de cara ao inicio, este luns, da campaña marisqueira

04 Outubro 2025

O vindeiro luns 6 de outubro comeza a campaña marisqueira en Noia e a Concellería de Obras e a de Servizos Municipais, “para garantir o bo desenvolvemento da mesma”, puxo en marcha un plan especial de actuacións en Testal. Este plan de acción abrangue entre outras cousas a habilitación dunha zona de estacionamento, grazas á colaboración de particulares e ao uso de terreo público; a roza e a limpeza dos accesos; e a reposición de madeiras deterioradas nas pasarelas de acceso á praia. O Concello agradeceu as cesións de terreos e a colaboración da veciñanza que fixeron posíbel este plan. O tenente de alcalde, Manolo Seijas, e o concelleiro de Servizos Municipais, Abel Pan, visitaron este venres 3 de outubro a zona para supervisar os traballos e aproveitaron para desexar unha excelente campaña a todos os mariscadores e mariscadoras.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.