En Muros o Concello renova o pavimento de dous camiños en Abelleira e Tal

27 Outubro 2025

O Concello de Muros confirmou que avanzan “a moi bo ritmo” as obras de renovación do pavimento de dous camiños en Abelleira e Tal.

Nun plano máis específico, dende o Consistorio sinalan que a día de hoxe están en marcha as obras de renovación do pavimento dos camiños de Somorto, en Abelleira, e Cabanas, en Tal, que servirán para potenciar a seguridade viaria e a accesibilidade, dando resposta ademais ás demandas veciñais.

“No camiño de Tal comezaron hoxe co formigonado, uns traballos que se realizarán a próxima semana en Abelleira”, explica Laura Rivadeneira, concelleira de Obras de Muros.

O investimento conxunto en ambas actuacións é de 73.610 euros (financiadas por AGADER, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.