Avanza a pavimentación do camiño que une Vixán e O Vilar, en Carreira

16 Outubro 2025

O Concello de Ribeira acomete nestes días unha mellora das prestacións á cidadanía na parroquia de Carreira. Trátase da renovación do firme do camiño que une os lugares de Vixán e O Vilar, a cal se enmarca no POS+2024 da Deputación da Coruña.

Os traballos desenvólvense ao longo de 5.300 metros cadrados e consisten no fresado do material existente na calzada para, posteriormente, aplicar aglomerado asfáltico de 6 cm de espesor, ao mesmo tempo que se amplía o ancho do treito naqueles lugares onde hai marxe. Ademais, as tapas de rexistro adaptaranse á nova rasante, arranxaranse as gabias e acondicionaranse as entradas a fincas.

A dita intervención comezou a finais do mes de agosto, polo que o camiño principal xa está ultimado, quedando só pendentes os ramais do mesmo no núcleo do Vilar. Está previsto que as tarefas conclúan nas vindeiras semanas. A actuación foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A., por un importe de 90.291,14 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.