A Asociación Ambar e a Confraría de Pescadores da Illa de Arousa organizan o vindeiro 22 de outubro á xornada de peche do proxecto Ría de Arousa Accesible, un espazo para destacar a importancia da accesibilidade universal no ámbito marítimo-pesqueiro e turístico.
Contarase coa presenza de Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar, e Juan J. Rial Millán, patrón maior da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa.
Este proxecto pioneiro promoveu a accesibilidade como unha peza clave para a participación plena e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional en espazos tan relevantes para a nosa comunidade como son o ámbito marítimo-pesqueiro, o patrimonio cultural e o turismo, fomentando ademais un uso sostíbel dos recursos.
Durante a xornada, contarase coa intervención dunha arquitecta técnica, quen abordará os desafíos e desmontará mitos habituais sobre o deseño universal, ofrecendo unha perspectiva técnica e práctica esencial para seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva. A cita rematará cunha degustación de produtos das rías, nun ambiente de encontro e colaboración.





