“A memoria de Álvaro Gil e o Centenario dun Congreso”. Xosé González Martínez

24 Outubro 2025

O próximo mércores, día 29, ás 11:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere de Lugo, o Foro E.
Peinador celebrará o Centenario do Primeiro Congreso de Economía Galega. Faino da man da
Deputación e Concello de Lugo,da Xunta de Galicia, Caixa Rural Galega, Grupo El Progreso e a
USC. Unha conmemoración que aproveitaremos para remachar a importancia das propostas e
debates protagonizados polas intelixencias máis preclaras do momento, persoas de portentosa
imaxinación e abondos coñecementos sobre as distintas materias que se abordaron.
As actas do Congreso relacionan a todos os participantes. Entre eles atopamos a varios membros da
familia Fernández López, fillos de Antón de Marcos. Non estaba Álvaro Gil, porque posiblemente algún
compromiso ineludible llelo impedíu. Pero si que podemos afirmar que coñecía polo miúdo o tratado
naquel encontro de visionarios. Porque a teor das empresas que impulsou ata o seu falacemento,
observamos a fonte de inspiración daqueles debates. Foi un continuador da filosofía daquel congreso:
desenvolvemento económico integral, planificación con criterios científicos, aproveitamento dos
recursos naturais de Galicia (“economía autocentrada”), e unha vertebración territorial acorde coa
necesaria cohesión social que era imprescindible construír.
O Foro E. Peinador recoñece, porque o estudo da historia demóstranolo, que a influenza do Congreso
fíxose notar nos debates do Primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Buenos Aires en
1956, e no deseño ideolóxico da Revista de Economía de Galicia que editou o seu primeiro número en

  1. Durante os anos da súa publicación podemos observar a capacidade intelectual que tiñan os
    seus colaboradores, e do seu equipo de redación formado, entre outros, por Cruz Gallástegui, Isidro
    Parga Pondal, Antonio Fernández López e Álvaro Gil Varela. Os tres últimos coincidiron en distintos
    consellos de administración de empresas que transformaron os recursos naturais
    mineiros,agroalimentarios e pesqueiros de Galicia. Empresas cun claro compromiso co territorio e os
    seu valores patrimoniais,(defensa da paisaxe, cultura e lingua) a través do mecenado e na utilización
    da lingua na publicidade. Dous exemplos ilustrativos: o Almanaque Agrícola ZZ dos Laboratorios Zeltia
    (o primeiro número publicousen en 1953) e os calendarios fermosamente editados por Cementos
    Cosmos.
    Estes apuntamentos históricos suscitan unha pregunta: tivo Galicia nalgún momento un pensamento
    económico galego no sentido íntegro da palabra?. A resposta é un si rotundo. O pensamento
    económico galego e galeguista foi tronzado por intereses políticos alleos ás demandas sociais
    suscitadas desde distintos ámbitos. A Facultade Económicas de Santiago foi unha proposta moi
    traballada e alentada pola Revista de Economía de Galicia como unha solución para abordar o tránsito
    das empresas familiar a outras con estruturas máis sólidas que as fixesen máis robustas para
    afrontaren os retos da competitividade.
    Pensaban os ideólogos da revista que unha Facultade de Económicas axudaría a modernizar as
    estruturas empresariais valéndose de cadros técnicos con rigorosa formación académica. Sen
    embargo,os resultados non puideron ser máis desalentadores: desa facultade non saíron galegamente
    formados os dirixentes empresariais chamados a cumpriren tales expectativas.
    Chama poderosamente a atención que a Administración Autonómica, da que forman parte moitos
    funcionarios directivos formados naquel sistema universitarios, non fosen quen de galeguizar os niveis
    medios da administración. Desde ela subvencionanse proxectos para crear tecido empresarial con
    sumas multimillonarias que son concedidas a empresas que non se implica na realidade sociocultural
    do pais. Paradoxo que chama a atención tanto en canto no organigrama da Xunta de Galicia houbo
    sempre unha dirección xeral de política lingüística. Os recursos financeiros do Igape ou Xesgalicia,
    por exemplo, deberían implimentar os orzamentos dedicados á dinamización lingüística establecendo
    cláusulas que obriguen aos beneficiarios do crédito oficial a respetaren entre outros os dereitos
    lingüísticos dos traballadores e consumidores.

A xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten manifestado en máis dunha sentenza a obriga das
empresas públicas dependentes do Estado, agora da SEPI e noutrora do INI, a asumir o réxime da
cooficialidade lingüística. Tales son os casos de Tragsa e Navantia que actúan ás marxe da
Constitución, que recoñece a pluralidade lingüística.
Para o Foro E. Peinador, sen embargo hai unha marxe de esperanza que crean algunhas
empresas,sobre todo do sector agroalimentarios etiquetando en lingua galega os seus produtos, e
unha entidade financieira como Caixa Rural Galega que aposta por unha galeguidade plena.
Consideramos que os concellos e deputacións teñen moito que aportar a este proceso galeguizador
polas relacións contractuais que manteñen co sector privado da economía. Os medios de
comunicación non son tampouco alleos á importancia que teñen no fomento dunha pedagoxía que
xere maior aproximación das das industrias aos nosos valores patrimoniais.

  • Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.