A Deputación apoia a Asociación Máis de Tres de Rois na posta en valor das producións locais e sostíbeis

07 Outubro 2025

A deputada de Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, visitou este martes 7 a sede da Asociación Máis de Tres de Rois, que desenvolve un proxecto pioneiro para a valorización e comercialización de produtos agroalimentarios locais e sostíbeis, grazas ao apoio económico da institución provincial.

Durante a visita, Capelán coñeceu de preto as accións formativas e de dinamización que a entidade está a levar a cabo no marco do seu programa Comercialización Km. 0, que promove a recuperación de variedades autóctonas de froitas e hortalizas, o cultivo de cogomelos en podas forestais e a comercialización directa en mercados locais e a través de plataformas dixitais.

O proxecto, que abrangue actuacións nas comarcas do Barbanza, A Maía e o Sar, incide na recuperación de saberes tradicionais, na promoción da alimentación saudábel e de proximidade e na creación de novas oportunidades laborais no medio rural, especialmente para mulleres e persoas maiores.

Segundo reflectiron fontes da Deputación da Coruña, máis de 200 persoas participarán nas accións formativas ao longo de 2025.

Cristina Capelán destacou “o traballo fundamental que desenvolve a Asociación Máis de Tres para impulsar un modelo de produción respectuoso co medio ambiente, de calidade e arraigado no territorio” e salientou que “a aposta polo produto local é tamén unha ferramenta contra o despoboamento e a favor da dinamización económica do rural”.

A asociación, activa desde 2016, colabora con máis dunha decena de entidades e colectivos, entre eles a Asociación Daquí Darredor, a UNED Sénior, a Asociación Galega da Froita Autóctona ou o grupo de cociñeiros Grupo Nove, configurando unha rede que combina produción, formación, transformación e consumo responsábel.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.