A Creba conmemora en Noia o Día Mundial da Saúde Mental cun acto na porta da Casa do Concello

10 Outubro 2025


​A asociación inclusiva da nosa comarca A Creba celebrou este venres 10 de outubro, diante da Casa do Concello de Noia, un acto conmemorativo con
motivo do Día Mundial da Saúde Mental 2025, baixo o lema Compartimos vulnerabilidade, defendamos a nosa saúde mental. A iniciativa contou cunha
nutrida presenza do Goberno municipal, entre os cales se atopaba o alcalde de Noia, Francisco Pérez. Tamén estivo presente alumnado dos IES Virxe do Mar, Campo de San Alberto e o Colexio María Assumpta, así como público xeral, e estivo acompañada pola música do grupo folclórico Sons da Ría.

Durante a lectura do manifesto, Alba Allo, educadora social da entidade, destacou a importancia de visibilizar a saúde mental: “Hoxe é 10 de outubro, Día da Saúde Mental, e dende a Asociación A Creba levamos xa moitos anos reivindicando a situación da saúde mental neste día. Necesitamos darlle a importancia que se merece, porque segue a ser moi invisibilizada e fan falla máis recursos para afrontar o reto que supón”.

Explicou os porqués de ter elixido como lema, para esta xornada, Compartimos vulnerabilidade: “Elixímolo porque é un problema social e non un problema individual. Ninguén está libre de ter que coidala, e menos co contexto actual”.

Pola súa parte, o alcalde de Noia, Francisco Pérez, subliñou o compromiso do Concello coa promoción da saúde mental e coa colaboración con entidades sociais do
municipio: “É fundamental que administracións e colectivos unamos esforzos para poñer a saúde mental no lugar que merece. Desde o Concello de Noia seguiremos apoiando o labor de A Creba, que leva anos acompañando e ofrecendo recursos a persoas que precisan apoio. Este acto, no que participaron moitos mozos e mozas, demostra que a sociedade está máis concienciada e que a saúde mental é unha prioridade compartida”.

O acto formou parte dunha programación máis ampla promovida por A Creba, que inclúe charlas en centros educativos, un concurso de fotografía baixo o título Enfocando o benestar, e xornadas de achegamento aos hospitais da contorna para dar a coñecer o labor do centro de rehabilitación psicosocial e laboral (CRPL).

Outros artigos

Remata con éxito o Concilia de Nadal do Concello de Noia

Este mércores 7 de xaneiro a concelleira de Educación e Conciliación de Noia, Ana Blanco, realizou unha visita ás actividades encadradas na nova edición do Concilia de Nadal, onde compartiu a mañá cos nenos e nenas do campamento durante a festa de remate do mesmo, na...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.