A Creba celebra o Día da Saúde Mental con actividades nos centros educativos, unha andaina, certames e un acto institucional este venres en Noia (ás 12 no Concello)

09 Outubro 2025

A asociación inclusiva da nosa comarca A Creba está a levar a cabo a súa programación neste mes con motivo do Día Mundial da Saúde Mental.
Esta asociación, que leva 31 anos en activo prestando servizo a persoas son problemas de saúde mental e levando a cabo campañas de sensiblización, programou unha serie de accións dende os seus centros de Noia e Ribeira. 

O obxectivo principal é “facer reflexionar á sociedade sobre a importancia de falar de saúde mental abertamente, reflexionar sobre os estigmas que temos e as súas consecuencias e entender a importancia de pedir axuda dende que se observan dificultades, para previr posíbeis problemas de saúde mental no futuro”.

A programación fai fincapé na poboación máis nova, levando a cabo unha campaña de sensibilización dende 1º da ESO a bacharelato nos centros IES nº1, IES Leliadoura, CRP Plurilingüe Galaxia, Colexio María Assumpta e IES As Insuas, emprazados nas localidades de Ribeira e Noia. 

O 10 de outubro, A Creba levará a cabo un acto conmemorativo en Noia ás 12:00h. diante da casa do Concello, onde se vai ler o manifesto e contarán coa actuación do grupo Sons da Ría e, por outra banda, a lectura do manifesto nos dous IES de Ribeira, coa participación de todo o alumnado.

Como acción complementaria a este día, levouse a cabo unha xornada na Unidade de Psiquiatría do Hospital Provincial de Conxo (Santiago de Compostela), na que persoas usuarias da asociación achegaron a persoas ingresadas nas Unidades de Saúde Mental dos hospitais da contorna o día a día do CRPL da Creba. E, aínda por celebrarse este sábado día 11 de outubro, en Ribeira podemos participar da Andaina Solidaria que sairá ás 11:00h. da praza do Centenario cun percorrido de 4km.

Como remate deste mes da saúde mental, a comunidade de A Creba ten en activo as segundas edicións dos certames Enfocando o Benestar e Ecos da Mente. O primeiro ten como temática Compartindo a nosa vulnerabilidade, e consiste en publicar unha fotografía co cancelo #SENFILTROS nomeando á entidade, ata o 31 de outubro, sendo premiada a imaxe máis votada nas redes.

E o outro, trátase dun certame de relatos breves baseados na repercusión da dixitalización na saúde mental, con diversas categorías nas que se pode participar con textos de 1000 palabras en galego ata o día 20. A entidade comparte toda a información necesaria para a participación nas súas redes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.