A Asociación Ambar e a Confraría da Illa de Arousa clausuran con éxito o proxecto Ría de Arousa Accesible

23 Outubro 2025


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional e a Confraría da Illa de Arousa celebraron o peche do proxecto Ría de Arousa Accesible no Pazo de Goiáns (Boiro), despois de meses de traballo conxunto nun proxecto clave para eliminar as barreiras arquitectónicas, sensoriais e cognitivas da ría, promovendo a inclusión social. A xornada de clausura converteuse nun espazo de coñecemento, onde Sheila Santos, responsábel do proxecto, e unha arquitecta técnica, resolveron as dúbidas dos asistentes sobre a aplicación práctica da normativa de accesibilidade e as solucións innovadoras para crear espazos máis xustos e inclusivos.

Milagros Rey, presidenta de Ambar e Juan José Rial, patrón maior da Confraría de A Illa, fixeron a apertura do acto agradecendo a todas as persoas participantes pola asistencia e tamén a colaboración dos concellos que apoiaron dende o comezo este proxecto.

“Tivemos a oportunidade de colaborar dende a nosa experiencia coma persoas con diversidade funcional, facendo as visitas e as valoracións para tomar nota das barreiras que nos atopamos no día a día” compartiu Gonzalo Ordóñez, membro do grupo asesor do proxecto Ría de Arousa Accesible, que engadiu que esta iniciativa non só conseguiu sensibilizar, senón que dotou ás entidades, negocios e profesionais participantes dunha folla de ruta clara –a Guía Arousa Accesible– para comezar a transformación nos seus respectivos ámbitos.

“Xusto despois de recoller toda a información, facíamos as reunións de equipo asesor para valorar con detemento as barreiras e redactar os asesoramentos ás entidades, explicando polo miúdo que cousas se poderían cambiar para mellorar a accesibilidade universal”, explicou Ángel Sampedro, membro do grupo asesor, acerca dos pasos a seguir despois de facer as visitas ós lugares que revisaban e para os que traballaban co obxectivo de mellorar a accesibilidade.

“Parabéns ó grupo asesor e a Sheila polo traballo realizado, e como non, os dous representantes deste colectivo, a Gonzalo e a Ángel, por explicarnos tan ben o traballo realizado. A verdade é que é triste que esteamos falando no século XXI de accesibilidade universal, se non estivera falando disto sería unha boa noticia, sinal de que estariamos cumprindo, dende as administracións temos moito que facer, e eu o primeiro… temos unha tarefa moi importante tanto dende as administracións locais coma a Xunta de Galicia e penso que temos que ser un exemplo para que tamén as empresas privadas se conciencien diso… é de agradecer esta iniciativa, así que moitas grazas.” Con estas palabras pechou o acto Jose Ramón Romero,
alcalde de Boiro.

O evento finalizou cunha degustación de produtos da ría, simbolizando o compromiso conxunto co territorio e a celebración dos avances cara a unha Ría de Arousa sen barreiras. Toda a información recollida a través deste proxecto está dispoñible ó público na web arousaaccesible.gal.

O alcalde de Boiro na clausura da xornada

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.