Xoves 25, xornada seca e soleada con lixeiro ascenso das temperaturas

24 Setembro 2025

Continuaremos este xoves baixo a influencia das altas presións, con circulación do nordés. O tempo será seco e soleado, con néboas matinais no interior e ceos moi despexados en xeral, aínda que pola tarde aparecerá nubosidade de tipo alto no interior.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso respecto ás xornadas anteriores(24-26 graos máxima). O vento soprará frouxo de compoñente leste, con intervalos moderados no litoral norte e rachas fortes na zona de Bares. Nas Rías Baixas establecerase un réxime de brisas pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.