Un mozo mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso

05 Setembro 2025

Investigado como posible matricidio o crime dunha muller en Vilagarcía de Arousa. A investigación apunta a que un mozo, de 22 anos, atacou á súa nai, de 61 anos, que foi atopada boca abaixo e “entre abundante sangue”

TVG

Vilagarcía de Arousa viviu este venres un tráxico suceso que a Policía Nacional investiga como un posible caso de matricidio. Un mozo de 22 anos precipitouse desde un terceiro piso despois de, presuntamente, atacar á súa nai, de 61 anos, quen foi atopada sen vida no interior da vivenda.

O suceso produciuse arredor das 18:30 horas nun edificio da rúa Duque de Rivas. Segundo explicou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, a vítima foi localizada boca abaixo e “entre abundante sangue”.

O presunto autor resultou con lesións moi graves tras a caída e permanece ingresado en estado crítico no Hospital do Salnés, baixo custodia policial.

A investigación, que se atopa nunha fase inicial, apunta que non houbo participación doutras persoas. “Con toda a prudencia, podemos sinalar que non existen indicios de intervención de terceiros”, precisou Losada.

Ao lugar do crime acudiron efectivos da Policía Nacional e Local, así como profesionais sanitarios que atenderon ao home.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.