The Rapants levan os últimos directos da xira “La Máquina del Buen Rollo” a Barcelona, León, Madrid e Valladolid

10 Setembro 2025

Os muradáns The Rapants anunciaron que van levar as cancións do seu traballo La máquina del buen rollo por distintos puntos da Península Ibérica “antes de apagar, para sempre, o seu motor”. Logo de ofrecer case 30 concertos no que vai de ano, visitarán, entre outras, as cidades de León, Barcelona, Valladolid e Madrid da man da iniciativa AIE – Artistas en Ruta.

Desde o inicio da xira de 2025 (24 de xaneiro, Inverfest), o cuarteto de Muros ofreceu actuacións memorables en citas como O Son do Camiño, Atardecer no Gaiás -o directo máis multitudinario da historia do recinto- ou as Festas da Peregrina, en Pontevedra.

Mais antes de botar o pano e gardar os instrumentos até o ano que vén, The Rapants visitará, con AIEnRuta -e co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)-, León (19 de setembro), Barcelona (25 de outubro, en colaboración con Indie Cool Tour), Valladolid (13 de novembro) e Madrid (15 de novembro). As entradas desta xira por salas xa están á venda a través da páxina web da banda.

Ademais destes concertos previstos para o outono en salas de fóra de Galicia, The Rapants ofrecerá as derradeiras actuacións desta xira en distintas localidades galegas e asturianas. É o caso, entre outras, da cita que terán este xoves co Festival Revenidas en Vilaxoán; mais tamén en Baiona (Festival Peregrino), O Barco (Festas do Cristo), Castropol (El Pueblo), Lugo (Caudal Fest) e Chantada (O Castañazo, na que será a última cita rapante do ano en Galicia).

XIRA POR SALAS – THE RAPANTS con AIEnRuta

19.09, León | El Gran Café

25.10, Barcelona | Club Sauvage

13.11,Valladolid | El desierto rojo

15.11, Madrid | Camping Osuna

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.