Sábado 6, chegarán as choivas a Galicia co paso dunha fronte fría

05 Setembro 2025

Galicia perderá este sábado 6, San Zacarías, a influencia do anticiclón polo avance dunha fronte fría activa, que atravesará a comunidade nas últimas horas da xornada. O día comezará con ceos cubertos por nubes medias e altas, máis compactas na metade oeste.

A medida que avance a tarde, as precipitacións irán entrando pola franxa atlántica, con intensidade moderada nas provincias costeiras, e estenderanse ao resto do territorio xa durante a noite.

As temperaturas mínimas subirán de forma moderada, mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos na metade occidental. Os ventos soprarán do sur-suroeste, moderados en xeral, con refachos fortes no litoral coincindo co paso da fronte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 5 a 7 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá, oeste á tarde e sudoeste á noite, con ondas de 0 a 1 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

José González loa o traballo de ADISBISMUR pola inclusión laboral

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Outes o Centro Especial de Emprego da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) para coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a entidade e as...

+

Avanzan as obras de mellora do peche do pavillón do IES do Son

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, realizou hoxe unha visita ao IES Porto do Son para comprobar o avance das obras de mellora que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.