Ribeira lembra a Castelao co libro “Castelao, desta terra e deste tempo”

19 Setembro 2025

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu un acto organizado pola A. C. Altofalante no que se presentou o libro “Castelao, desta terra e deste tempo”, obra de Manuel Rei, dentro das actividades do Ano Castelao, que conmemora o 75 aniversario do pasamento do nacionalista galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A vicepresidenta da entidade organizadora, Iria Casais, foi a encargada de abrir o encontro, subliñando que o obxectivo da presentación era “revisitar a vida e obra dunha das figuras máis influentes do século XX do nacionalismo galego, desde un punto de vista pedagóxico, co que se pretende esclarecer moitas das cuestións que rodean a súa figura”.

Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, puxo en relación as reflexións de Castelao coa vixencia que conservan na actualidade, facendo especial fincapé no problema da emigración xuvenil. Lembrou a célebre estampa “En Galiza non se pide nada. Emígrase” e afirmou que “hoxe seguimos sendo un país que obriga á mocidade a marchar por falta de empregos dignos, salarios acordes ou acceso á vivenda”, engadindo que o nacionalismo galego continúa a traballar para ofrecer alternativas que permitan facer de Galicia “un país rico e con moito potencial, como acreditaba Castelao”.

Finalmente, o autor do libro, Manuel Rei, debullou o percorrido vital e artístico de Castelao, salientando o seu compromiso coas clases populares e a dimensión política inseparable da súa obra artística. “A súa arte foi sempre unha arte politicamente comprometida, ao servizo da realidade social e da defensa dunha verdadeira democracia de base popular”, afirmou. Nese sentido, advertiu contra o risco de “baleirar de contido a súa figura reducindoa só á faceta artística”, o que cualificou como unha “deturpación e neutralización do que realmente simbolizaba Castelao”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.