Padrón lanza un amplo programa de cursos gratuítos de informática e novas tecnoloxías para 2025-2026

23 Setembro 2025

O Concello de Padrón continúa apostando pola formación dixital da veciñanza e pon en marcha un completo programa de cursos gratuítos de informática e novas tecnoloxías, abertos a persoas de todas as idades, que se desenvolverán entre outubro de 2025 e xuño de 2026. A iniciativa contempla unha sesión ao mes, que se impartirá tanto na Aula CeMIT de Padrón (Campo do Souto nº2) como noutras parroquias do municipio, concretamente en Queiruga, A Ponte, Estramundi, Carcacía, Pazos, Cortiñas e Bascuas.

Segundo informou o Concello, os contidos foron concibidos para responder a necesidades prácticas da vida diaria. Inclúense aspectos como o uso seguro de Internet en diferentes franxas de idade, o manexo de aplicacións e ferramentas dixitais, a realización de trámites en liña e o uso da banca dixital. Amais, abordaranse recursos creativos, proxectos vencellados á Intelixencia Artificial e iniciación ao uso básico da Rede.

As sesións desenvolveranse en horario de 17:00 horas e requirirán un grupo mínimo de 12 persoas. As persoas asistentes poderán empregar o seu propio dispositivo ou utilizar os ordenadores dispoñíbeis no local.

As inscricións ficarán abertas ata dez días antes de cada actividade e poderán formalizarse de xeito presencial na Aula CeMIT, a través da páxina web municipal, no teléfono 675 748 812, no correo electrónico correo@padron.gal ou mediante o código QR que figura no cartel informativo.

O programa está financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e conta coa colaboración de Cibervoluntarios.org, YoConecto.org e o Programa Generación D.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.