O Taller Alecrín achega este venres un obradoiro de baile dende as 20.00 horas no Casino de Noia

18 Setembro 2025

Proseguen as actividades do programa de dinamización e lecer Baila con Nós 2025. Sen ir máis lonxe, este venres 19 de setembro o Edificio Casino de Noia dará acollida a “unha actividade moi especial” impartida polo Taller Alecrín.

Trátase dunha sesión creativa que comeza ás 20.00 horas e que pon o foco no linedance, “un estilo de baile concibido para quen veña sen parella e queira pasalo ben”, sinalou o Concello, engadindo que as persoas que queiran bailar en compañía teñen ás 21.00 horas unha actividade de baile social na que está previsto que practiquen disciplinas como o swing ou a bachata, pasando polo tango, cha-cha-chá, kizomba, disco e funky. O programa é totalmente de balde, e para participar só temos que facer a inscrición previa chamando ao 698 150 432. Non se precisen coñecementos nin habilidades previas, “só ter ganas de pasalo ben, moverse e compartir un bo rato”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.