“O PBBI debera recapacitar” – Fernando Sarasketa

29 Setembro 2025
Imaxe dun xuízo xerada por IA

A min isto das mocións de censura nunca me deu boa espiña. Sempre, en todos os casos e sexa cal sexa a cor política dos grupos activos na moción, son esgrimidos os mesmos argumentos: que se as mocións son polo ben común, que se prosperan polo futuro do concello, que tras longos períodos de meditación tomáronse decisións difíciles de tomar pero positivas para a cidadanía… E así case sempre. Son frases intercambiábeis, podes copialas e pegalas nuns discursos e outros, en Ribeira e ou en calquera outro concello galego, e botarte a durmir, que as diferencias non se notan. “Fago isto pola xente”, berran! O que pasa é que a xente, precisamente, non é parva, e todas e todos somos capaces de ver o que hai detrás destas frases tan bonitas.

Hai tempo argallei un relato sobre un xuízo. Tratábase de sentar ante un tribunal de persoas rectas e intachábeis a unha persoa de moralidade moi dubidosa, que fora quen de perpetrar todo tipo de delitos e levaba anos perseguido polas autoridades dun país a outro, dunha identidade a outra, cambiando nomes, vidas e residencias como quen muda o armario no paso dunha estación a outra. No xuízo léronse as súas faltas: unha longa lista de delitos salferida de insultos e descualificacións. “Vostede”, relatoulle o tribunal, “actuou con egoísmo e faltou á súa palabra”. Ao escoitar isto último o acusado levanta a cabeza (estivera mirando para o chan mentres lle lían a cartilla) e abre os ollos para cravalos no tribunal, e logo mira fixamente a todos e cada un dos seus integrantes, con orgullo e tamén cun pouco de súpeta indignación. “Señorías, iso si que non”, berra en voz alta, “pódenme chamar o que queiran, pero eu nunca faltei á miña palabra”.

A palabra.

A palabra debe ser sagrada, senón que é o que nos queda?

Quen se fiará de nós unha vez que incumpramos este contrato (oral ou escrito) tan antigo como a humanidade?

A moitos e moitas gustaralles a decisión do PBBI en Ribeira, pero coa man no corazón e obxectivamente falando, é unha faltada de palabra coma un mundo.

Rectificar e recapacitar debera ser, ao meu ver, o seguinte paso que tería que dar o PBBI.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.