O Museo do Gravado inaugura o vindeiro sábado 4 de outubro a mostra “Carmen Hermo. A Pegada Sensible”

26 Setembro 2025

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar o vindeiro sábado 4 de outubro ás 12.30 horas, na sala 1 do Museo, a mostra Carmen Hermo, A Pegada Sensible.

Segundo avanzan dende o Museo, o avance nas técnicas do gravado parécenos agora, coa Intelixencia Artificial, algo imparábel, abraiante polos resultados que se poden obter e, ao mesmo tempo, desacougante, cara a onde camiña a arte? A pegado humana perde valor? Invádenos así unha saudade do primixenio, do orixinal, do artesanal.

En palabras de Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo, “a exposición de Carmen Hermo tenta, dalgún xeito, contestar esas preguntas e buscar solucións aos desacougos. Para iso volta á natureza, aos ritmos creativos da auga, do vento, da fricción e cachea novas técnicas e novas miradas que nos devolvan o respecto polo orixinario, pola natureza, polo labor manual dos artistas. Toda pegada prodúcese cando algo duro impacta en algo mol, no fondo iso é no que se basea a técnica gráfica en todos os seus procedementos, é dicir, a pegada que fica na matriz para ser impresa”.

E engade Pastor: “A estampa ten condición múltiple que permite a aprendizaxe por repetición, coa natureza como fondo, coa súa creatividade e o caos que produce, e iso é o que as cinco experiencias de Carmen Hermo tentan facer a través dunha paisaxe natural, a praia de Foxos, en Pontevedra. Captar o que pasa desapercibido, empregar elementos reciclados para os volumes, é dicir, unha tecnoloxía artesanal que ten como perspectiva a conservación da natureza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.