O Consello da Cultura Galega xunta especialistas para debater o futuro do marisqueo en Galicia

26 Setembro 2025

A Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza o vindeiro martes (30 de setembro, 16:15 horas) unha xornada dedicada a analizar os retos e oportunidades do marisqueo de Galicia, unha actividade esencial da identidade cultural do noso país.

A cita titúlase O marisqueo en Galicia: tradición, ciencia e desenvolvemento económico e aborda a perda preocupante de produtividade dos parques marisqueiros de Galicia por mor da contaminación, cambio climático e especies invasoras. Alicia Estévez Toranzo coordina esta sesión que xunta responsábeis de centros de investigación, universidades e administracións. Está aberta a inscrición desta cita presencial que tamén se pode seguir en directo desde a web corporativa e a canle de YouTube da institución.

Contexto

O cultivo de moluscos, xa sexa en terra ou en batea, é parte da identidade social e cultural de Galicia e constitúe, ademais, un piar económico fundamental das nosas comunidades pesqueiras. Esta práctica forma parte da imaxe consubstancial desta comunidade e de aí xorden as iniciativas para que o marisqueo sexa declarado patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola UNESCO. De feito, o turismo mariñeiro estase a consolidar como unha das ofertas turísticas diferenciais de Galicia, na que se destaca a conexión entre a tradición e o desenvolvemento económico local.

Nos últimos anos observouse unha perda preocupante de produtividade dos parques marisqueiros de Galicia e os indicios apuntan a tres factores predominantes: contaminación, cambio climático e especies invasoras.

O obxectivo desta xornada, coordinada por Alicia Estévez Toranzo, da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, é analizar os numerosos retos (biolóxicos, ambientais, químicos) que ameazan a produción marisqueira das nosas rías, así como as accións necesarias por parte da comunidade científica e da Administración con miras á súa mitigación. Para iso contamos con prestixiosos especialistas de institutos e universidades galegos que darán conta da situación do marisqueo ante os retos do cambio global e das oportunidades para asegurar o seu futuro sostible.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.