O Concello de Porto do Son vén de dar por rematadas as obras de substitución das fiestras na Escola Infantil de Caamaño. A actuación, que conta cun investimento total de 43.695 euros, está financiada con cargo ao POS da Deputación da Coruña.

Os traballos contemplan unha mellora da eficiencia enerxética do edificio, optimizando de xeito considerábel o seu illamento térmico e, como consecuencia, logrando un aforro enerxético.

Ademais, as obras recollen a substitución da carpintería existente e dan resposta a unha demanda por parta da ANPA.
O alcalde, Luis Oujo, indicou “que este é outro exemplo máis da firme aposta do Concello de Porto do Son pola eficiencia enerxética pola renovación das nosas infraestruturas”.




