O Concello de Noia abre o prazo de presentación de ofertas para dúas novas obras de mellora viaria e urbanística

29 Setembro 2025


O Concello de Noia informa de que xa está aberto o prazo de presentación de ofertas para dúas actuacións de mellora que veñen de saír a licitación, co obxectivo de “seguir avanzando na modernización das infraestruturas locais e no apoio ao tecido empresarial”.

En concreto, trátase das seguintes obras:

Mellora do acceso Vilafabeiro–Vilardante e Alvariza, cun orzamento de licitación de 48.059,41 euros, e cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o 10 de outubro de 2025.

Pavimentación do parque empresarial de Augalevada, cun orzamento de licitación de 82.633,60 euros, e cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o 16 de outubro de 2025.

O Goberno local subliña que estas actuacións responden “ao compromiso de mellorar a rede viaria municipal e favorecer o desenvolvemento económico de Noia, creando espazos máis seguros, accesibles e competitivos para veciñanza e empresas”.

A documentación e os prazos completos atópanse publicados na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.