O Concello de Boiro clausura a edición IV do Obradoiro de Emprego Torre de Goiáns

01 Setembro 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, acompañados do xefe do servizo de Formación de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social, Alberto Linares, participaron na mañá deste 1 de setembro no acto de clausura do Obradoiro de Emprego Medioambiental Torre Goiáns IV do Concello de Boiro.

Participaron nesta formación de nove meses un total de 20 alumnos e alumnas repartidos entre as modalidades de Instalación de elementos de carpintería e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado contou cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo.

As persoas participantes formáronse de xeito teórico e práctico realizando tarefas de conservación e valorización do Camiño de Santiago A Orixe ao seu paso polo termo municipal de Boiro; traballos de consolidación de frondosas en Goiáns, Abanqueiro e Valiño; mellora das faixas contra incendios en Brión; e tarefas de mellora do canle do río Coroño.

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV – Boiro o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 411.928 euros para desenvolver talleres duais de emprego.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.