“Juan O Ruso, un cativo de Ribeira na antiga Unión Soviética”. Antón Luaces

16 Setembro 2025

Galicia foi unha parte da España en guerra que viviu directamente as consecuencias desta cando o réxime franquista comezou a aplicar as represalias contra os non comprometidos co alzamento militar de 1936. Xusto cando, coa intención de os retirar da fame e os bombardeos, desde distintos lugares do país o goberno republicano evacuou entre 1937 e 1939 a un total de 37.500 nenos dos que 17.200 nunca regresaron. Uns 3.000 chegaron á Unión Soviética coa promesa dun refuxio seguro, se ben o certo é que que foron moitos os que perderon as súas familias e deixaron atrás a súa infancia.

Francia, Bélxica, Reino Unido, México e Rusia acolleron a máis de 37.000 cativos da España republicana  (3.000 na URSS, resultado dun acordo entre o goberno da Repùblica española e o da Unión Soviética, onde foron ben recibidos tanto nos fogares como nas escolas, malia non ser doada a súa adaptación).

Un deses nenos era de Deán (Ribeira) e, cando retornou mediados os anos 50, foi alcumado como Juan “O Ruso”, a quen coñecín en Bandaurrío onde un seu irmán vivía coa súa familia na rúa Cervantes. 

Juan era un home alto e forte duns 40 anos, que foi vivir á Coruña, onde traballou coma ordenanza no daquela Instituto Nacional de Previsión, 20 ou 25 anos dempois da súa marcha a Rusia. (En 2005 o Estado español recoñeceu os sufrimentos deses rapaces e concedéulles unha pensión).-

Juan “O Ruso” foi, xa que logo, un dos “Nenos de Rusia” cuxa identidade quedou fragmentada entre a escasa educación recibida aqui e os valores inculcados do réxime soviético.

Coa invasión alemana da URSS reapareceu a pantasma do medo, a incertidume e o desprazamento. Após a morte de Stalin en 1953, algúns retornaron a España, atopando aquí un país moi distinto: a desconfianza do réxime franquista e as dificultades para se readaptaren non foron escasas, e a súa historia mantívose no esquecemento durante décadas.

Unha historia que ven á memória coma consecuencia do xenocidio que o goberno de Israel leva a cabo en Gaza e contra o que milleiros de cidadáns españois se teñen manifestado. Tamén unha relembranza para aqueles que non queren recoñecer o que a poboación palestina está a vivir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.