José Luis Romero presenta en Noia este venres “Querido librero”

09 Setembro 2025

Este venres 12 de setembro a Casa da Cultura de Noia vai acoller a presentación do libro Querido Librero, unha obra do veciño da vila noiesa José luis Romero. Xunto co autor, estarán presentes Ana Arca, coordinadora do Club de Lectura María Mariño, e a concelleira de cultura Chelo Martínez. A cita literaria será no primeiro andar da Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, a partir das 20.00 horas.

Sinopse

Cando Aline, unha nova actriz de teatro, escribe a unha librería de segunda man en busca de obras de teatro de Lorca que quere adaptar en París, non espera coñecer a Alberto, un libreiro co que iniciará un intercambio epistolar onde os sentimentos, e a literatura, serán o punto de partida dunha historia de amor que tentará a resistir ao paso do tempo. Décadas despois, Helena, filla de Alberto e nai recente, atopa aquelas cartas escondidas no dormitorio do seu pai, xusto despois da súa desaparición, e descobre o seu maior secreto.

O autor

José Luis Romero (Córdoba, 1977). Licenciado e doutor en Educación (UAM). Exerce como profesor de inglés. Lector voraz, colaborou con diferentes medios de comunicación (RNE, El Correo Gallego…) e revistas (Vogue, Ulrica, Letras en Vena…) falando de libros. Coa súa primeira novela, Volver a conocernos (Edicións B, 2022), demostrou ser un autor cheo de forza, valor literario e gran sensibilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.