O vindeiro venres 27 de setembro ás 18:00 h celebrarase no Casino de Noia a reunión de inicio de curso organizada pola Asociación BarbanTEA.
Durante a xuntanza, abordaranse distintos aspectos do TEA (Trastorno do Espectro Autista) e buscarase dar resposta a todas as dúbidas que poidan aparecer.
Haberá servizo de canguraxe para facilitar a participación das familias.
BarbanTEA é unha entidade da nosa comarca con sede principal en Boiro pero con radio acción en toda a bisbarra. Os seus obxectivos son promover e habilitar accións dirixidas a fomentar a autonomía, o desenvolvemento persoal (físico, intelectual, social e emocional) e a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Fano con apoio, información e asesoramento ás familias como principais axentes socializadoras das persoas con TEA.




